Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lula visita España para relanzar as relacións bilaterais

Lula visita España para relanzar as relacións bilaterais

O primeiro acto da axenda de Lula en España será a súa presenza nun foro empresarial que se celebrará na Casa América de Madrid

O presidente brasileiro no seu novo mandato e que tivo como primeira etapa Portugal O presidente brasileiro no seu novo mandato e que tivo como primeira etapa Portugal
G24.gal 25/04/2023 08:44

O presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva, inicia unha visita oficial a España en que os dous gobernos tentarán relanzar a relación bilateral despois das dificultades da etapa de Jair Bolsonaro e a pesar das diferenzas existentes sobre a procura da paz en Ucraína.

O primeiro acto da axenda de Lula en España será a súa presenza nun foro empresarial que se celebrará na Casa América de Madrid e no que estará acompañado pola vicepresidenta primeira, Nadia Calviño.

Sánchez non poderá estar xunto ao presidente brasileiro neste acto debido a que ten unha comparecencia no pleno do Senado.

O mércores será recibido por Sánchez no Palacio da Moncloa e, posteriormente, o presidente brasileiro manterá un encontro co rei no Palacio Real, onde haberá a continuación un xantar.

O compoñente económico ten especial relevancia nesta visita, a primeira que fai a Europa o presidente brasileiro no seu novo mandato e que tivo como primeira etapa Portugal.

Dende o Goberno consideran que Lula matizou nesta viaxe as críticas que aos Estados Unidos e a Unión Europea por proporcionar armas a Ucraína, o que na súa opinión prolonga o conflito.

Queren trasladarlle a Lula que as empresas españolas seguen vendo Brasil como un lugar de destino dos seus investimentos a longo prazo e que España é porta para os investimentos brasileiros tanto cara á UE como cara ao Magreb e todo o continente africano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade