Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lula disposto a desenmascarar os instigadores da revolta do domingo

Lula disposto a desenmascarar os instigadores da revolta do domingo

O presidente do Brasil reúne a todos os gobernadores do pais e anuncia que hai 1.500 persoas detidas 

G24.gal 10/01/2023 19:38 Última actualización 10/01/2023 20:29

O presidente Lula inspecioonu o os danos sufridos pola Corte Suprema de Xustiza, como xa fixera con anterioridade coa sede do Goberno en Brasilia. 

Lula trata de recuperar a imaxe de estabilidade e normalidade, que saltou polos aires este domingo tras irromperen violentamente milleiros de bolsonaristas nas principais institucións do Estado.

Nunha reunión cos 27 gobernadores do país, entre eles algúns coñecidos seguidores de Bolsonaro, Lula dixo que non pararía ata dar cos verdadeiros inspiradores e patrocinadores da revolta do domingo.

O Goberno confirmou que había unhas 1.500 persoas detidas. Algunhas delas foron xa trasladadas desde os cuarteis da policía federal en Brasilia, a onde foran levadas nun primeiro momento para verificar a súa identidade.

Mentres, os movementos sociais brasileiros organizaron marchas en varias cidades do país en defensa da democracia.

Nas últimas horas reapareceu tamén o ex presidente Bolsonaro a través das redes sociais, cunha fotografía na cama do hospital de Orlando en que está ingresado, para asegurar que regresará ao Brasil antes do que tiña previsto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade