Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loitan contra os rebrotes do incendio de Bejís e dan por estabilizado o de Vall d'Ebo

Loitan contra os rebrotes do incendio de Bejís e dan por estabilizado o de Vall d'Ebo

O Goberno agarda que se esclareza o incidente do tren en Bejís, pero di que non ten problema en comparecer

G24.gal 18/08/2022 16:26

A choiva contén os incendios nas provincias de Castelló e Alacante. O de Vall d'Ebo pode darse por estabilizado pero o de Bejís aínda ten activa algunha fronte. Entre ambos os incendios levan xa máis de 21.000 hectáreas de superficie calcinada.

Non se ve chama pero aínda hai perigo. O incendio de Bejís non se pode dar por perimetrado e un cambio de vento podería reavivalo. Pero o certo é que a situación mellorou moito con respecto a días pasados.

As tormentas e a choiva das últimas horas colaboraron en bo grao nas tarefas de extinción. 34 medios aéreos seguen traballando na zona. O principal obxectivo é delimitar o perímetro do incendio.

Parte dos efectivos son unidades da UME desprazadas dende o Vall d'Ebo en Alacante porque alí o lume si que xa se podería dar por estabilizado nas próximas horas e ningunha fronte presenta lapas. A Generalitat valenciana mesmo autorizou nesta área a volta gradual dos veciños desaloxados. 

E con respecto ao accidente do tren que se viu rodeado polas lapas en Bejís, un dos viaxeiros que ía nese tren xustificou a actuación dos pasaxeiros. Saltaron á vía porque se sentiron atrapados como nunha rateira.

Cinco persoas permanecen aínda hospitalizadas por queimaduras tras este suceso que xa quedou xudicializado.

O Goberno espera que avance a investigación para saber o que ocorreu no tren afectado polo lume na provincia de Castelló. Isabel Rodríguez dixo que se é necesario haberá comparecencia no Congreso e pediu a colaboración do Partido Popular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade