Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberdade para os acusados da suposta violación grupal en Málaga tras aparecer uns audios onde a vítima nega a agresión

Liberdade para os acusados da suposta violación grupal en Málaga tras aparecer uns audios onde a vítima nega a agresión

O xulgado mantén os cargos contra os investigados por roubo e agresión sexual

G24.gal 26/05/2022 08:22

Xiro no caso da presunta violación grupal frustrada en Málaga hai dúas semanas. Os dous detidos polos feitos foron postos en liberdade.

O titular do xulgado que leva a investigación decidiu deixar en liberdade provisional os acusados tras examinar unhas mensaxes de WhatsApp dunha testemuña. 

Neles a vítima negaría a agresión sexual e comentaría que mantiña os feitos para conseguir a nacionalidade española e axudas económicas. Polo momento, o xulgado mantén os cargos contra os investigados por roubo e agresión sexual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade