Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lanzan unha campaña para promover a igualdade nas redes sociais

Lanzan unha campaña para promover a igualdade nas redes sociais

 Influencers, actores, músicos, científicos ou deportistas participan na iniciativa

G24.gal 01/07/2022 16:24 Última actualización 01/07/2022 16:35

Concienciar a mocidade sobre a importancia de loitar por unha igualdade de xénero é o obxectivo da segunda edición da campaña de Igualdade Followers que lanza o Goberno galego a través das redes sociais.

Rostros moi coñecidos polos mozos publican mensaxes a prol da igualdade para conseguir causar efecto nos seus milleiros de seguidores.

Mensaxes de denuncia a través das redes sociais de influencers, actores, músicos, científicos ou deportistas.

Son testemuñas para facernos pensar que estamos aínda moi lonxe da igualdade.

A campaña Igualdade Followers, promovida pola Asociación de Xornalistas de Galicia e impulsada polo Goberno galego, busca chegar aos máis novos para que loiten por unha igualdade real e efectiva.

Dezasete testemuñas que axudan a identificar e combater as desigualdades que aínda existen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade