Publicador de contidos

Publicador de contidos

Kíiv acusa a Rusia de usar a estratexia da terra arrasada no Donbás

Kíiv acusa a Rusia de usar a estratexia da terra arrasada no Donbás

A invasión rusa de Ucraína cumpre tres meses nun conflito enquistado

Un tanque ruso nun control instalado no leste de Ucraína
G24.gal 24/05/2022 13:50

A invasión rusa de Ucraína cumpre tres meses e, conforme se prolonga, o conflito parece enquistarse cada vez máis. 

A pesar de controlar gran parte do sueste, o exército ruso non consegue dobregar a resistencia ucraína en Donbás, onde as próximas xornadas serán decisivas.

O presidente ucraíno recoñeceu que a situación máis difícil se concentra nas cidades de Balmut, Popansa e Severodonetsk.

"Crearon un matadoiro e buscan eliminar calquera vestixio de vida. Ninguén antes destruíra Donbás como as tropas rusas están facendo agora", remarcou Volodomir Zelenski.

Segundo as autoridades rexionais, os últimos ataques rusos destruíron varias vivendas e unha escola, e danaron varias refinerías e plantas químicas.

Máis estable parece a fronte de Khárkiv, a segunda cidade ucraína, onde as autoridades decidiron reabrir o metro, utilizado este tempo pola poboación como refuxio durante os bombardeos.

A Defensora do Pobo de Ucraína denunciou que Rusia trasladou forzosamente ao seu territorio un 1.300.000 civís ucraínos, dos que unha quinta parte son nenos. Moitos deles saíron de Mariupol, onde zapadores rusos comezaron a limpar de minas as praias próximas á fábrica Azovstal, ocupada a semana pasada despois dun longo asedio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade