Publicador de contidos

Publicador de contidos

Junts preguntará aos afiliados se queren seguir formando parte do goberno catalán

Junts preguntará aos afiliados se queren seguir formando parte do goberno catalán

Na introdución á pregunta explícanse os incumprimentos do pacto de Goberno por parte de Esquerra Republicana

G24.gal 03/10/2022 21:30

"Queres que Junts continúe formando parte do actual Govern da Generalitat de Cataluña?" Esta é a pregunta que Junts per Catalunya lles vai propoñer directamente aos seus afiliados.

A consulta vaise celebrar o mércores e o xoves desta semana e teñen dereito a votar 6.465 militantes. 

A cuestión divide os dirixentes do partido.

A pregunta que se vai trasladar á militancia ten unha introdución que menciona os "incumprimentos" do acordo de goberno e fai fincapé en que Aragonès "non aceptou" as propostas de JxCat. O preámbulo incomodou a sectores do partido favorables a seguir no Govern porque consideran que é unha invitación a votar "Non".

Aínda que a formulación da pregunta foi aprobada case por unanimidade —44 votos a favor, unha abstención—, na dirección de JxCat hai unha profunda división de pareceres sobre a resposta.

O último esforzo negociador entre o presidente catalán Pere Aragonès e o secretario xeral de JxCat Jordi Turull, este domingo, non serviu para achegar posturas e salvar a coalición de goberno antes de que se pronuncie a militancia de Junts.

Se non houbo achegamento, puntualizou Turull en conferencia de prensa, foi porque JxCat baixou dous ou tres chanzos" nas súas condicións, pero ERC "non baixou ningún".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade