Publicador de contidos

Publicador de contidos

Josep Borrell chama ao "rearmamento coordinado" da Unión Europea

Josep Borrell chama ao "rearmamento coordinado" da Unión Europea

Segundo o alto representante da UE, Rusia "xa perdeu a guerra", pero "Ucraína aínda non a gañou"   

Pedro Sánchez censura que Putin anexionara territorios ucraínos cuns "referendos de pantomima"

G24.gal 01/10/2022 14:54 Última actualización 01/10/2022 21:48

Josep Borrell pechaba o Foro da Toxa e facíao cun chamamento a que a UE esperte e comece un proceso ordenado de rearmamento, modernizando as forzas armadas e evitando duplicidades para reforzar a OTAN e a UE, ante unha ameaza real ás nosas democracias, dixo.

"Temos que entender que a interdependencia económica non basta para garantir a paz e dispoñer de instrumentos militares non é un capricho, é necesario para a supervivencia", aseverou.

O alto representante para a Política Exterior e de Seguridade da UE advirte de que Putin cre que coa chegada do inverno e a crise enerxética os nosos sistemas de opinión pública van decaer.

"Os europeos temos que construír unha nova relación coa idea de poder, non só co poder brando, tamén co poder coercitivo, para poder ser capaces de afrontar situacións de guerra", dixo.

Josep Borrell aseverou que "non podemos fraquear" porque o que está en xogo é moito máis que a integridade territorial de Ucraína, son -asegurou- o noso modelo de vida e as nosas democracias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade