Publicador de contidos

Publicador de contidos

Biden visita a escola onde morreron tiroteados 19 menores e dúas mestras

Biden visita a escola onde morreron tiroteados 19 menores e dúas mestras

As familias esixíronlle medidas de control das armas

Protestas á porta da convención da Asociación Nacional do Rifle 

Joe Biden visita o memorial dos 19 cativos tiroteados e das súas mestras
G24.gal 29/05/2022 20:13 Última actualización 29/05/2022 20:59

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, visitou este domingo o memorial de Uvalde improvisado ás portas da escola onde o martes un mozo de 18 anos matou a tiros 19 rapaces e mais as súas dúas mestras.

É a segunda viaxe de Biden nas últimas dúas semanas para consolar as vítimas dun tiroteo no país. Nesta ocasión, acompañado da primeira dama reuniuse coas familias, que, ademais do amparo, pediron un cambio nas políticas de control de armas para evitar que isto se repita a cada pouco, unha medida compartida polo Goberno demócrata.

O tirador, un mozo que acababa de cumprir 18 anos, comprou as armas legalmente, baixo a lei federal, sen ningunha verificación de antecedentes nin da súa saúde mental. Foi abatido pola policía.

Protestas civís

A menos de 500 quilómetros de Uvalde, ás portas da convención da Asociación Nacional do Rifle, as protestas civís repetíronse durante a fin de semana co mesmo reclamo.

"Vin aquí hoxe porque son un sobrevivente da violencia armada. Perdín a meu pai cando tiña 15 anos por mor dela e traballo con superviventes da violencia armada. Fixen unha viaxe especial para vir aquí porque non podo soportalo máis. Xa non confío en que os políticos fagan nada. Estamos moi frustrados por isto. Necesitamos accións xa", reclama un dos manifestantes.

Nos últimos anos a repunta da violencia armada converteu os disparos na principal causa de morte infantil nos Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade