Publicador de contidos

Publicador de contidos

Joe Biden: "O pobo palestino merece un Estado propio"

Joe Biden: "O pobo palestino merece un Estado propio"

"Dous estados para dous pobos. Os dous con raíces profundas nesta terra", asegurou o presidente dos Estados Unidos xunto ao presidente palestino Mahmoud Abbas

G24.gal 15/07/2022 16:38

O presidente de Estados Unidos, Joe Biden, afirmou este venres que o pobo palestino merece o seu propio Estado e prometeu que seguirá traballando para reactivar o proceso de paz entre palestinos e israelís. Non obstante recoñeceu que o terreo agora non é "fértil".

O mandatario estadounidense fixo esas declaracións xunto ao presidente da Autoridade Nacional Palestina (ANP), Mahmoud Abbas, no palacio presidencial da cidade cisxordana de Belén.

"O pobo palestino merece un Estado propio, que sexa independente, soberano e viable e contiguo. Dous estados para dous pobos. Os dous con raíces profundas nesta terra", manifestou Biden.

O gobernante norteamericano recoñeceu as dificultades que hai agora mesmo para lograr ese obxectivo porque o terreo non é "fértil" para volver ás mesa de negociacións, pero reiterou o seu compromiso coa paz entre palestinos a israelís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade