Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javier Lambán nega presións de Ferraz para rectificar as súas declaracións sobre Sánchez

Javier Lambán nega presións de Ferraz para rectificar as súas declaracións sobre Sánchez

Reitera as súas críticas ás negociacións cos independentistas e di que Sánchez acabará desenganado

G24.gal 02/12/2022 14:31

As declaracións do secretario xeral dos socialistas de Aragón con críticas á situación que atravesa España provocaron malestar na dirección do PSOE. Javier Lambán admite que recibiu unha chamada do secretario de Organización do seu partido, Santos Cerdán, pero nega que recibise presións para rectificalas.

Javier Lambán mantén a súa visión crítica con respecto ás negociacións cos grupos independentistas. Di que lle preocupa o futuro de España e que Pedro Sánchez acabará desenganado.

Con todo o líder dos socialistas de Aragón reitera a súa lealdade e apoio a Pedro Sánchez. Desde a dirección xeral do PSOE atribúen as críticas de Lambán ás distintas sensibilidades dentro do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade