Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi Villar: "Para mellorar no FIFA é necesario meter moito carto real"

Javi Villar: "Para mellorar no FIFA é necesario meter moito carto real"

O tudense é o adestrador profesional do conxunto británico EXCEL, un dos mais importantes do mundo

G24.gal 22/10/2022 16:23

Estivo 3 anos en Dux e gañou títulos a mans cheas. Así foi un dos proxectos de Javi Villar, natural de Tui, e  adestrador profesional  no FIFA do conxunto británico EXCEL, un dos mais importantes do mundo.

No Galicia en xogo falamos da súa polémica coa selección española, que deixaron denunciando un trato inadecuado e débedas de cartos.

E falamos tamen do ‘pay to win’, de se o FIFA é un xogo no que para ser o mellor tes que meter moitos cartos reais. Villar foi claro.

"Por desgraza hai que meter moitos cartos para mellorar e medrar no xogo. É normal que os profesionais acaden mellor resultados que os amateur. Meten máis cartos"

Así mesmo, contou como pode mellorar Galicia nos E-sports

"Basicamente que os clubs aposten máis como fai a nivel estatal o Levante"

Por suposto, as brincadeiras de falar en galego cos anteriores convidados na sección, Pablo Zamorano e Chousita, tamén estiveron presentes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar