Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván, tras o accidente de globo: "Iamos polo medio das árbores co queimador aceso, medio descontrolado"

Iván, tras o accidente de globo: "Iamos polo medio das árbores co queimador aceso, medio descontrolado"

Di que se sente afortunado por salvar a vida, aínda que botaron en falta asistencia

G24.gal 02/06/2022 20:24

O que ía ser un idílico paseo en globo sobre a Ribeira Sacra acabou nun bo susto para Iván e a súa muller e os outros 9 pasaxeiros. O globo perdeu altura e o piloto xa non foi quen de remontalo. 

"Estabamos agarrados a unhas asas de corda que ten a cesta e evitando agachar a cabeza para non bater con nada. O piloto dixo que foi por un cambio repentino nas correntes e cando quixo volver subir non foi capaz", declara Iván.

Na súa caída o globo bateu cun poste da luz e contra o tellado dunha vivenda. A cesta foi arrastrándose durante 40 metros ata quedar na cima dun carballo. De alí saíu voando outros cincuenta metros,  quedou pendurado dunha árbore a dous metros do chan, ata que caeu definitivamente. 

"Puideron pasar mil cousas, batemos contra postes da luz, iamos polo medio das árbores co queimador aceso, medio descontrolado e non pasou nada, nin para nós nin para a xente da aldea", di Iván.

Di que se sente afortunado por salvar a vida, aínda que botaron en falta asistencia, xa que tiveron que marchar polos seus propios medios, co calzado estragado e polo medio do monte.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos