Publicador de contidos

Publicador de contidos

Isidoro Hornillos "Xela ten un talento descomunal e está preparada para todo"

Isidoro Hornillos "Xela ten un talento descomunal e está preparada para todo"

O presidente da Federación Galega de Atletismo analizou a gran perla do noso deporte

G24.gal 26/02/2022 09:45

As pistas de Expourense, na cidade das Burgas, serán o epicentro do atletismo nacional ata o domingo, coa desputa dos Campionatos de España en pista cuberta. A gran nova da primeira xornada foi o pase á final de 3000 metros, con records sub 18 e sub 20 incluídos, da lucense Xela Martínez, con tan só 16 anos. Polo Galicia en Goles pasou o presidente da FGA para contar máis sobre un dos piares do atletismo galego do futuro.

"Xela ten un talento descomunal e pode soportar a tensión e a presión. Sabiamos xa das súas condicións. Hoxe amosouno. Está moi ben dirixida. Comportouse moi ben na carreira. Está preparada para todo a nivel internacional. Maravilla a calquera que a vexa, pero hai que deixala que vaia dando os seus pasos. Temos que coidala moito pero non presionala máis alá da normalidade"

Hornillos tamén aproveitou o seu paso pola Radio Galega para analizar o papel do resto dos galegos presentes nestes nacionais indoor.

"Nos 3000 metros metéronse as 3 galegas, e veremos agora a actuación doutros galegos como Peleteiro, Ben, Toimil, Saleta. Vendo os ránkings o normal é que estén no podio, no máis alto.... O atletismo galego está instalado na elite grazas ao traballo dos atletas... Creo que este campionato será o mellor da historia. Ademais da marca de Xela, María Vicente fixo a 3 mellor marca mundial do ano en pentatlón. Tamén estarán grandes estrelas... Bruno Hortelano por exemplo... Haberá moita emoción e competición."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade