Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ir en tren de Galicia ao Levante levará menos de cinco horas cando abra o túnel entre Atocha e Chamartín

Ir en tren de Galicia ao Levante levará menos de cinco horas cando abra o túnel entre Atocha e Chamartín

A conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia insiste na necesidade de pór en marcha canto antes os trens Avril para reducir os tempos
 

G24.gal 15/06/2022 16:22

Coa chegada da alta velocidade a Galicia, o tren converteuse nunha opción cada vez máis demandada para viaxar, pero se intentan mercar un billete para Alacante no mes de xullo neste intre é imposible.

A pesar de ser un destino moi demando no verán, a venda está bloqueada. O motivo, a reordenación dos servizos entre Madrid e o Levante unha vez entre en funcionamento o túnel de alta velocidade entre Atocha e Chamartín "poderase reservar o destino final, o Levante, sen trasbordo", explica Benito Domínguez, director da Axencia de Viaxes Lowcost.

Iso permitiría recortar o tempo de viaxe a menos de cinco horas. Neste intre só hai conexión directa coa estación de Chamartín en Madrid. Para coller o AVE a outras zonas hai que ir ata Atocha e, polo tanto, atravesar a capital.

Para reducir o tempo do traxecto, a conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez. insiste na necesidade de pór en marcha canto antes os trens Avril.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos