Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ione Belarra chama "empresa pirata" a Ferrovial e pide que devolva ata o último euro dos españois

Ione Belarra chama "empresa pirata" a Ferrovial e pide que devolva ata o último euro dos españois

Afirma que se beneficiou de 1.000 millóns de euros en contratos públicos nesta lexislatura

Ferrovial anunciou esta semana o traslado aos Países Baixos da súa sede fiscal

Belarra no encontro feminista de Podemos
G24.gal 04/03/2023 19:34 Última actualización 04/03/2023 19:43

O traslado da sede fiscal de Ferrovial aos Países Baixos tamén ocupou parte dos discursos da xornada. A ministra de Dereitos Sociais e secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, cualificou a empresa de pirata tras acusala de beneficiarse de 1.000 millóns de euros en contratos públicos só nesta lexislatura.

 "É unha empresa pirata e hai que dicilo claro e por iso nós propoñemos atalos en curto, que teñan que devolver ata o último euro que lles deron os españois e as españolas para que o poidamos destinar a servizos públicos, á sanidade, á educación e á atención á dependencia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade