Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un condutor que se gravou a 295 Km/h en Málaga e subiu o vídeo a redes

Investigan un condutor que se gravou a 295 Km/h en Málaga e subiu o vídeo a redes

Pasou a disposición xudicial por un delito contra a seguridade viaria

Adiantou pola beiravía varios vehículos

G24.gal 04/12/2021 11:24

A Garda Civil de Tráfico investiga un condutor que circulaba a 295 quilómetros por hora na AP-7 na provincia de Málaga, por un delito contra a seguridade viaria por condución temeraria "con manifesto desprezo pola vida dos demais".

O home de 29 anos circulou pola beiravía en varios momentos facendo zig.zag a dous turismos e puxo en risco a vida do resto de usuarios da autoestrada.

O propio condutor deixou a súa fazaña inmortalizada e todo quedou gravado nun vídeo que subiu a unha coñecida rede social. As imaxes deron pé ao comezo das investigacións por parte do Subsector de Tráfico de Málaga.

O condutor xa pasou a disposición xudicial. A Garda Civil lembra nun comunicado que este tipo de condutas ao volante poden levar penas de seis meses a dous anos de prisión e privación do dereito a conducir por un tempo superior a un e ata seis anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade