Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a orixe do lume que acabou coa vida dun home no concello das Neves

Investigan a orixe do lume que acabou coa vida dun home no concello das Neves

A traxedia afectou o resto da familia, a muller e dous fillos de 7 e 11 anos, que tiveron que ser hospitalizados

G24.gal 12/12/2021 09:40

Un equipo técnico especializado fará unha inspección para determinar como se produciu o lume que este sábado acabou coa vida dun home no concello das Neves.

A traxedia afectou o resto da familia, a muller e dous fillos de 7 e 11 anos, que tiveron que ser hospitalizados. Os servizos de emerxencias atopáronos nun dos balcóns pedindo auxilio.

Tamén necesitou asistencia médica, por inhalación de fume, un dos axentes da Garda Civil que participou no operativo. Desde o Goberno local puxeron a disposición da familia unha nova vivenda. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade