Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigada unha veciña de Vimianzo por roubar xoias e cartos na vivenda en que traballaba

Investigada unha veciña de Vimianzo por roubar xoias e cartos na vivenda en que traballaba

Segundo a Garda Civil, levou dous aneis de ouro valorados en 2.000 euros e 400 euros en efectivo

Imaxe dun dos selos roubados Imaxe dun dos selos roubados
G24.gal 14/11/2025 09:39

A Garda Civil investiga unha veciña de Vimianzo (A Coruña) á que atribúe o furto de dous aneis de ouro e 400 euros en efectivo na vivenda en que traballaba como asistenta.

Segundo informou a Comandancia, a investigación iniciouse por mor dunha denuncia interposta no Posto da Garda Civil de Ponteceso. Alí a vítima comunicou que alguén a subtraeu dous selos de ouro valorados en mil euros cada un, e 400 euros en efectivo.

As pescudas permitiron identificar a suposta autora dese furto, unha veciña de Vimianzo que realizaba labores de asistencia na vivenda da persoa denunciante. Os axentes lograron recuperar as xoias e devolvelas aos seus lexítimos propietarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade