Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ingresan na cadea os dous acusados de acoitelar un home na Coruña

Ingresan na cadea os dous acusados de acoitelar un home na Coruña

Están investigados por tentativa de homicidio e roubo con violencia

A vítima segue recuperándose no CHUAC

G24.gal 27/05/2022 14:42

O segundo arresto tivo lugar no barrio coruñés do Castrillón contra as dúas da tarde deste xoves. Dezanove horas máis tarde, chegaba aos xulgados da Coruña para prestar declaración perante o xuíz.

Segundo o seu avogado, a súa versión dos feitos é contraditoria coa do outro acusado, que xa pasou a súa primeira noite no cárcere de Teixeiro. Este conta que acudiu ao baixo do barrio das Flores sen saber exactamente que era o que ía pasar e que foi coaccionado polo outro detido quen, segundo di, horas antes lle propinara unha malleira.

Ambos os dous, con antecedentes policiais, están investigados por tentativa de homicidio e roubo con violencia. Tras pasar a disposición xudicial, ingresaron no cárcere de Teixeiro. Pola súa banda, a vítima segue recuperándose no CHUAC. A Policía Nacional segue coa investigación.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade