Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rexistran un incendio nunha nave do polígono industrial de Cervo

Rexistran un incendio nunha nave do polígono industrial de Cervo

Ao parecer non hai ningunha persoa ferida

Ana Lois 20/01/2022 18:30

Un incendio foi detectado esta tarde nunha nave industrial da empresa Distribuciones Carreiras, situada no polígono de Cuíña, no municipio lucense de Cervo, segundo informaron a EFE fontes dos servizos de emerxencias, que confirmaron que o lume non ocasionou danos persoais.

Sospéitase que o incendio puido comezar antes das 14.00 horas na parte de atrás da nave, onde están as instalacións de refrixeración.

Con todo, as chamas acabaron por estenderse a todas as instalacións, dedicadas á distribución de bebidas.

Testemuñas do incendio indicaron que o persoal da empresa logrou salvar vehículos, carretillas e mesmo algún dos computadores, aínda que os danos son "moi cuantiosos", xa que a nave quedou "practicamente destruída".

Nos labores de extinción das chamas participan os bombeiros de Cervo e dos municipios veciños de Viveiro e Barreiros. Tamén colaboran nos traballos de extinción efectivos da agrupación de voluntarios de Protección Civil da localidade e doutros municipios limítrofes.

Os servizos de emerxencias seguen traballando no punto para dar por controlado o incendio, cuxa evolución é "favorable".

A empresa afectada ten uns 40 empregados e ata o momento non se detectaron danos persoais nin problemas derivados da inhalación de fume, aínda que si danos materiais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade