Iago López Marra renuncia aos Xogos de París
Iago López Marra renuncia aos Xogos de París
Era unha das opcións xunto a Tara Pacheco na clase Nacra 17, pero o sonense non seguirá na carreira olímpica
Un dos mellores regatistas galegos dos últimos tempos, Iago López Marra, renunciou á posibilidade de estar nos Xogos de París. López Marra estivo presente nas dúas últimas edicións (O Río 16 e Toquio 20) a carón de Diego Botín na clase 49er e nos últimos Xogos quedou a un só punto de facerse co bronce olímpico e mesmo chegou con posibilidades de ouro á Medal Race.
Ao desaparecer do programa olímpico o 49er decidiu probar xunto á canaria Tara Pacheco na clase Nacra, onde comezaban decontado a carreira para preparar a cita francesa. Pero nun comunicado da Federación Española de Vela, o regatista sonense abandona a idea de estar en París.
Na clase 49er López Marra conseguiu ser campión de Europa e subcampión do mundo e unha das grandes esperanzas da vela española para levar un metal do que quedou ás portas.