Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rodrigo Conde pasa a semifinais e Caetano Horta queda eliminado da final A

Rodrigo Conde pasa a semifinais e Caetano Horta queda eliminado da final A

Caetano Horta quedou a seis segundos de meterse na final A no dobre scull de peso lixeiro

Rodrigo Conde gaña a súa serie e buscara un oco na final A

G24.gal 10/08/2022 19:24 Última actualización 12/08/2022 11:47

Caetano Horta quedou sen opcións de medalla e Rodrigo Conde pasa á semifinal do campionato de Europa de remo cun dos mellores rexistros.  

A parella Horta-Balastegui (LM2x) foran medalla de prata na primeira proba da Copa do Mundo deste ano e viñen de acadar un diploma olímpico no Xapón na última gran competición disputada. Pero no Europeo de Múnic non estiveron á mesma altura e terán que pelexar na final B. Na proba de clasificación non realizaron un bo tempo rematando no quinto posto ena repesca quedaron a seis segundos da parella portuguesa para poder entrar na final A. 

Mellor lle foi a cousa a Rodrigo Conde, que compite a carón de Aleix García. O bote no que marca o galego realizou o mellor tempo da súa serie e ten praza nas semifinais na que precisa un dos tres mellores tempos para estar na final A do domingo. 

Rodrigo Conde e Aleix García foron bronce na última proba da Copa do Mundo Rodrigo Conde e Aleix García foron bronce na última proba da Copa do Mundo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade