Publicador de contidos

Publicador de contidos

Haberá reforzo policial nas zonas turísticas galegas este verán

Haberá reforzo policial nas zonas turísticas galegas este verán

Policía Nacional e Garda Civil incorporan case 240 axentes en xullo e agosto

G24.gal 25/06/2022 21:35 Última actualización 25/06/2022 21:39

A Policía Nacional e a Garda Civil reforzarán a seguridade nas zonas turísticas principais de Galicia durante este verán.

Será coa incorporación de preto de 240 efectivos nos meses de xullo e agosto. En concreto, 138 policías nacionais e 98 gardas civís.

Intensificarán os operativos fronte á delincuencia itinerante e os roubos en vivendas, e extremarán a vixilancia contra as ciberestafas. Así o anunciou o delegado do Goberno tras reunirse cos máximos representantes de ambos os dous corpos en Galicia. 

O obxectivo deste reforzo é aumentar a seguridade para favorecer a afluencia turística coincidiendo co Xacobeo e a volta á normalidade. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos