Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gustavo Dacal amosa unha moral de ferro: "Así non vou quedar"

Gustavo Dacal amosa unha moral de ferro: "Así non vou quedar"

O atleta galego comezou o proceso de rehabilitación en México e considera volver a España se as condicións para recuperarse son mellores

G24.gal 26/01/2023 22:06

Gustavo Dacal xa está na casa, en Veracruz. Hai uns días recibiu a alta hospitalaria tras pasar por catro cirurxías de alto risco. O dez veces campión de España e plusmarquista nacional non pode camiñar. 

Hai abertas varias vías neste momento. A primeira pasa por continuar coa recuperación en México, nunha clínica financiada pola Seguridade Social. A segunda, por explorar as posibilidades de que dispón en España.

Boa parte do tratamento que Gustavo recibiu en México pagouse cos cartos recadados aquí por familiares, amigos e deportistas. Gustavo está aínda impresionado e asegura que se sente forte para pelexar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade