Publicador de contidos

Publicador de contidos

Guardés e Porriño chegan ao derbi loitando pola cuarta posición

Guardés e Porriño chegan ao derbi loitando pola cuarta posición

O partido xógase este mércores (20:45) na Sangriña

O Mecalia mira de esguello a cita do vindeiro domingo na semifinal europea ante o Elxe (G2 e G24)

G24.gal 15/03/2023 09:23 Última actualización 15/03/2023 13:32

Mecalia Guardés e Conservas Orbe Rubensa Porriño xogan este mércores (20:45, A Sangriña) o derbi da segunda volta na División de Honra feminina. 

As do Porriño ocupan a cuarta posición, empatadas a 21 puntos co Elxe, e as da Guarda son sextas con 17 puntos, logo de conseguir catro vitorias de xeito consecutivo. De fondo está a pelexa por manterse na zona de privilexio, co Porriño asexando a segunda posición. 

O Mecalia afronta o partido co condicionante do encontro que terá que xogar o vindeiro domingo ante o Elxe na ida da semifinal da EHF European Cup, a segunda vez na súa historia que vai xogar a penúltima rolda dunha competición europea. Ese partido poderá verse na G2 e en G24.gal 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar