Publicador de contidos

Publicador de contidos

O persoal de Alcoa decide en asemblea se acepta a oferta da multinacional

O persoal de Alcoa decide en asemblea se acepta a oferta da multinacional

Greenalia acorda con Alcoa prover de enerxía verde a planta de San Cibrao

G24.gal 26/12/2021 18:14

O persoal da factoría de Alcoa no concello de Cervo enfróntase a unha semana fundamental para o seu futuro. Enriba da mesa ten a última proposta da multinacional.

Reuniranse este luns en asemblea e despois votarán se aceptan apagar as cubas e a maquinaria ata 2024, para reiniciar a partir dese ano a actividade na planta de San Cibrao.

Desde o propio comité de empresa recoñecen que non saben se se trata dunha "oferta trampa".

Este domingo transcendía que Alcoa chegou a un acordo coa compañía de renovables Greenalia para a subministración de enerxía verde á planta lucense desde comezos de 2024 e durante dez anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar