Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia supera os 9.000 casos activos e notifica 8 mortes nos últimos cinco días

Galicia supera os 9.000 casos activos e notifica 8 mortes nos últimos cinco días

A presión hospitalaria mantense estable

Os contaxios diarios descenden, sendo detectados 670 novos casos

Jessica Fernández 07/12/2021 10:30

Os casos activos seguen aumentando e xa pasan dos 9.000. En total, hai 9.028 persoas con coronavirus en Galicia.

En canto aos contaxios diarios, estes descenden con respecto ao día de onte e á semana pasada, baixando dos 700. Foron detectados 670 casos novos.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 1.205 (+33)

Vigo: 2.711 (+122)

Ourense: 2.241 (+101)

Santiago: 639 (+25)

Lugo: 679 (+29)

Pontevedra: 1.144 (+111)

Ferrol: 409 (+16)

A presión asistencial, pola súa parte, mantense estable. Non sumamos novos ingresos na UCI, manténdose en 35, pero soben 9 máis en planta, que alzan a cifra a 211. En total, hai 246 persoas hospitalizadas en Galicia.

Con todo, o Sergas notificou oito decesos por mor da covid nos últimos cinco días. desde o venres 3 ata hoxe, martes 7 de decembro, o que deixa un balance de 2.690 persoas falecidas coa enfermidade desde o inicio da pandemia. As idades dos finados van desde os 74 aos 89 anos agás no caso dun home de 45 anos, falecido na área de Vigo. Todos presentaban patoloxías previas.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade