Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia supera os 7.000 casos activos e pasa dos 800 contaxios diarios

Galicia supera os 7.000 casos activos e pasa dos 800 contaxios diarios

Hai 197 persoas hospitalizadas por coronavirus en Galicia

Jessica Fernández 03/12/2021 10:37

Os casos activos seguen aumentando (+541) e xa pasan dos 7.000, o dobre ca hai unha semana. En total, hai 7.036 persoas con coronavirus en Galicia.

En canto aos contaxios diarios, foron detectados 815 nas últimas 24 horas, unha cifra que non se alcanzaba desde hai máis de tres meses, o pasado 13 de agosto.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 967 (+56)

Vigo: 2.033 (+192)

Ourense: 1.813 (+104)

Santiago: 525 (+37)

Lugo: 587 (+15)

Pontevedra: 793 (+126)

Ferrol: 318 (+12)

En canto á presión hospitalaria, tamén continúa o seu ascenso tanto na UCI (+4) como en planta (+6). Galicia roza os 200 ingresados: hai 36 en coidados intensivos e 161 en planta, o que sitúa a cantidade en 197 hospitalizacións.

Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid nas últimas 24 horas, unha persoa con patoloxías previas que faleceu este xoves. O número de falecementos sobe a 2.677 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos