Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia suma 4 novos restaurantes con 1 Sol na Guía Repsol

Galicia suma 4 novos restaurantes con 1 Sol na Guía Repsol

Son o restaurante Ceibe de Ourense, o Asador Soriano de Bembrive, o restaurante Landua de Mazaricos e o Sábregro-Casal de Armán de Ribadavia

Os Soles Repsol recoñecen a calidade culinaria e gastronómica dos restaurantes españois

G24.gal 28/02/2022 21:14

Entregáronse en Donostia os soles Repsol 2022. Trátase dun recoñecemento culinario que fai referencia á calidade dos restuarantes españois. Desta volta, entregáronse un total de 97 soles, entre os que hai catro restaurantes galegos, que levaron cada un deles 1 sol Repsol. Son o restaurante Ceibe de Ourense; o Asador Soriano de Bembrive, en Pontevedra, o restaurante Landua de Mazaricos e o Sábregro-Casal de Armán en Ribadavia.

Guía Repsol entrega ata catro distintivos que fan referencia á calidade dos restaurantes do territorio español. En concreto, premia os establecementos con un, dous ou tres Soles Repsol en función do seu nivel culinario, sendo o galardón de tres Soles o maior. Ademais, existe a categoría de Recomendado da Guía Repsol, que está un chanzo por debaixo dun Sol.

53 homes e mulleres especialistas en gastronomía integran o equipo de inspectores da Guía Repsol que efectúa a avaliación dos restaurantes. Ademais da calidade dos pratos entran en xogo outros factores como a experiencia integral do cliente, o uso de produtos de proximidade, a capacidade técnica do equipo de sala ou a esencial coherencia dos proxectos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos