Galicia será a comunidade invitada no Festival de Teatro Clásico de Almagro
Galicia será a comunidade invitada no Festival de Teatro Clásico de Almagro
A comunidade presentará catro pezas de teatro contemporáneo sobre textos clásicos con referencias ao Camiño, as cantigas de Santa María ou o Códice Calixtino
Galicia será protagonista este ano no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro. A comunidade presentará catro pezas de teatro contemporáneo sobre textos clásicos con referencias ao Camiño, as cantigas de Santa María ou o Códice Calixtino.
Galicia é a terceira comunidade que visita o festival no seu proxecto de incorporar as linguas coofiales. Esta edición, a número 45, celebrarase do 30 de xuño ao 24 de xullo.
"É unha oportunidade para as nosas compañías e empresas culturais, e por outro tamén é un recoñecemento ao bo traballo e o bo momento das artes escénicas, proxectar a cultura e a Galicia nun dos escaparates máis significativos a nivel español e internacional", dixo na presentación o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.