Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia segue á cola nos prezos do leite, que cobra por baixo dos 35 céntimos o litro

Galicia segue á cola nos prezos do leite, que cobra por baixo dos 35 céntimos o litro

O leite subiu un céntimo en outubro, pero segue sendo o máis baixo do estado

Só Galicia e Cantabria cobran por baixo dos 35 céntimos o litro

G24.gal 03/12/2021 14:44

Os gandeiros galegos cobraron en outubro un céntimo máis ca en setembro polo litro de leite, pero seguen sendo os que máis producen e os que menos cobran do estado. 

Dende Unións Agrarias atribúen o baixo prezo á orientación da industria leiteira galega que produce, sobre todo, leite líquido.

"Ao ser un produto reclamo, co que a distribución non pretende gañar cartos senón clientes" explica o secretario xeral, Roberto García, "leva a que o prezo sempre estea por baixo da media europea".

Por baixo dos prezos europeos, e tamén españois: en outubro en Galicia pagouse a 34,2 céntimos o litro, e en España a 35,3 céntimos de media. 

Malia a suba de outubro, os gandeiros seguen sen beneficios: cobran un céntimo máis, pero calculan que os custos de produción aumentaron polo menos tres e medio "como consecuencia da suba dos prezos da enerxía, do gasóleo e dos cereais", explica Roberto García. 

Dende o sindicato anuncian novas mobilizacións, e avisan: cando entre en vigor a Lei de cadea alimentaria, denunciarán as industrias que a incumpran e non trasladen ao prezo base ese incremento de 3,5 céntimos nos custos de produción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade