Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia esquiva a folga de Ryanair

Galicia esquiva a folga de Ryanair

Reclaman negociar un convenio colectivo axustado á lexislación laboral de España

G24.gal 18/07/2022 15:14

Galicia non viu cancelado ningún voo na quinta xornada de folga dos tripulantes de cabina españois de Ryanair, que reclaman negociar un convenio colectivo axustado á lexislación laboral de España.

A nivel nacional, o paro provocou 10 cancelacións e 93 atrasos, dos que 4 afectaron o aeroporto de Santiago de Compostela.

O barcelonés do Prat e a terminal de Palma de Mallorca están sendo os máis prexudicados.

Esta semana están convocadas outras catro novas xornadas de folga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade