Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia e outras tres comunidades paralizan a nova estratexia de protección do lobo

Galicia e outras tres comunidades paralizan a nova estratexia de protección do lobo

Piden que o documento se consensúe coas comunidades autónomas

G24.gal 22/11/2021 19:55

Galicia e outras tres comunidades paralizaron a aprobación da nova estratexia de protección do lobo en España elaborada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Estaba previsto sacar adiante o documento este luns, pero retirouse da orde do día ante a negativa de Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria, que consideran que ten pouco rigor técnico, non se consensuou coas comunidades e invade competencias autonómicas.

Estas catro comunidades foron tamén as que no mes de setembro presentaron un recurso e contra de incluír o lobo na listaxe de especies silvestres protexidas, o que prohibe a súa caza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade