Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia e Asturias "reforzan lazos" e urxen unha reforma do financiamento autonómico

Galicia e Asturias "reforzan lazos" e urxen unha reforma do financiamento autonómico

Rueda e Barbón coinciden en que as próximas citas electorais dificultan o debate

Os presidentes de Galicia e Asturias este venres en Santiago
G24.gal 21/10/2022 17:41 Última actualización 21/10/2022 18:48

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o do Principado de Asturias, Adrián Barbón, urxen unha reforma do modelo de financiamento autonómico, aínda que cren que non será a curto prazo polas eleccións autonómicas que se celebrarán nos próximos meses en varias comunidades, Así o dixeron antes da primeira reunión institucional que mantiveron en Santiago.

Alfonso Rueda e Adrián Barbón destacaron a "relación intensa" que Galicia e Asturias manteñen historicamente e falaron de intereses comúns en demografía, infraestruturas ou financiamento autonómico.

Sobre este último asunto, o financiamento automómico, Rueda e Barbón coinciden en que hai que reformar canto antes o modelo para que teña en conta o custo dos servizos en Galicia ou Asturias, con poboación máis avellentada e dispersa polo territorio.

Con todo, o presidente asturiano ve complicado que sexa a curto prazo polas eleccións autonómicas en varias comunidades nos próximos meses: "Claro que hai que avanzar no financiamento pero é difícil porque se mistura coa renovación dunha gran parte de comunidades autónomas, porque somos once as que celebramos eleccións en maio do 2023. De todas maneiras, creo que hai unha posición común".

O presidente da Xunta coincide en que os procesos electorais dificultan o debate, pero cre que non se pode adiar indefinidamente. "Se fósemos capaces, que é moi difícil, de deixar este tema á marxe de cuestións electorais, sairiamos todos gañando. Haberá que atopar o momento de abordar este asunto canto antes. Non podemos deixar que pasen os meses porque sempre haberá no horizonte outra cita electoral", afirmou Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade