Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia bate o récord de exportacións, e chega aos 30.000 millóns no 2022

Galicia bate o récord de exportacións, e chega aos 30.000 millóns no 2022

O presidente da Xunta anunciou novas axudas para a internacionalización da economía

G24.gal 16/02/2023 16:53 Última actualización 16/02/2023 19:38

Galicia bateu o récord de exportacións o ano pasado. As empresas do país venderon ao estranxeiro 30.000 millóns de euros. Ademais, o 2022 pechou cun balance comercial positivo, con máis exportacións que importacións.  Son datos que deu este xoves o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que anunciou tamén novas axudas para a internacionalización da economía.

Galicia conseguiu chegar por vez primeira á cifra de 30.000 millóns de euros en exportacións o ano pasado. Isto é un 18% máis que no 21. Cifras históricas, destaca o presidente, en vendas ao exterior e tamén no balance comercial.

"Este é un novo rexistro histórico que ten moita potencia, pensando que rematamos cun saldo favorable de 2.800 millóns de euros entre exportacións e importacións mentres que no conxunto de España o saldo é desfavorable, porque son máis as importacións que as exportacións en 68.000 millóns de euros", explicou Alfonso Rueda. 

Para manter esta tendencia, a Xunta acaba de aprobar novos apoios para axudar as empresas a saír aos mercados internacionais. Destinarán 2,3 millóns para misións comerciais de pemes e grandes empresas en 30 países.

Protonterapia

Alfonso Rueda tamén anunciou que a Xunta acaba de dar un novo paso para construír en Santiago o centro de protonterapia para o tratamento do cancro. O Goberno galego aprobou hoxe axilizar os trámites administrativos e urbanísticos para que poida comezar a funcionar en xuño do 2025. O centro custará 22 millóns de euros, e nel traballarán 20 especialistas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade