Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia, Asturias e Castela e León unen forzas en defensa do Corredor Atlántico

Galicia, Asturias e Castela e León unen forzas en defensa do Corredor Atlántico

Adrián Barbón: "Imos ir da man, aquí non hai máis ideoloxía que o territorio"

O Goberno nomea por sorpresa un comisionado para o Corredor Atlántico

Ademais dos presidentes autonómicos, á cita deste venres en Santiago asistirán un milleiro de persoas, entre empresarios, sindicatos e representantes dos portos e das plataformas loxísticas

Barón, Rueda e Mañueco ao comezo do cumio (EFE/Xoán Rey)
G24.gal 27/01/2023 07:56 Última actualización 27/01/2023 13:14

Tres comunidades unidas por un obxectivo común: situar o noroeste peninsular no mapa europeo do transporte de mercadorías.

Os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León rubricarán este venres unha declaración institucional para reivindicar o impulso do Corredor Atlántico, coa culminación de moitas infraestruturas, algunhas longamente demoradas. 

Denuncian que presenta moitos atrasos respecto ao Mediterráneo. E que, se non se corrixe, as tres comunidades autónomas quedarán en desvantaxe, cun transporte máis caro e lento. 

A idea é facer forza conxunta para apertar o Goberno. Aproveitando os fondos europeos.  No encontro, farán público un documento con obxectivos comúns. Entre eles, triplicar o transporte de mercadorías por tren de aquí ao 2040 e conseguir unha media similar á europea. 

Din que é asunto de territorios e non de cores políticas.  De feito, Asturias está gobernada polo PSOE e á cita de hoxe, ademais de políticos, asistirán os axentes sociais e económicos das tres comunidades autónomas. 

O Goberno central respondeu á organización deste cumio lamentando que non o invitaran a participar sequera como simple asistente. E di que a convocatoria chegou moi tarde, este pasado martes, sen tempo para axustar a axenda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade