Publicador de contidos

Publicador de contidos

Funeral ecoloxista por un cumio do clima sen acordos vinculantes en Glasgow

Funeral ecoloxista por un cumio do clima sen acordos vinculantes en Glasgow

Colocados entre as tumbas con túnicas negras e vermellas simbolizaron a morte da COP26

G24.gal 13/11/2021 18:48

Activistas de Extinction Rebellion celebraron este sábado no cemiterio de Glasgow unha cerimonia  polo que din é un cumio climático errado da COP26.

Ataviados con túnicas negras e vermellas saíron da Catedral de Glasgow e desfilaron ata a necrópole., onde se colocaron entre as lápidas para simbolizar a morte do cumio.

Aseguran os activistas que os acordos non son suficientes para evitar un quecemento global catastrófico de acordo cos obxectivos establecidos polos científicos do clima e cren que non é aceptable.

Os negociadores levaron as conversas climáticas da ONU a un día adicional este sábado, coa intención de que o mundo teña unha oportunidade para evitar os peores efectos do quecemento global.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade