Publicador de contidos

Publicador de contidos

Formoso esixe por carta unha reunión urxente a Feijóo

Formoso esixe por carta unha reunión urxente a Feijóo

O líder do PSdeG quere abordar co presidente da Xunta os problemas que deben afrontar os sector estratécidos galegos tras a invasión de Ucraína

G24.gal 15/03/2022 14:39

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiu este martes unha reunión "coa maior urxencia posible" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen tamén instou a abandonar a súa campaña para presidir o PP a nivel estatal tendo en conta que é o único candidato válido para o congreso que se celebrará a primeira fin de semana de abril.

Así o explicitou o dirixente socialista esta mañá ao termo dunha reunión co portavoz parlamentario Luís Álvarez, tras a cal informou de que o PSdeG remitiu unha carta a Núñez Feijóo para que acceda a manter este encontro.

"Creo que xa toca, sobre todo tendo en conta a renovación do PSdeG e, por outra banda, sobre todo, o escenario crítico que ten que afrontar o país" como consecuencia da guerra en Ucraína, declarou Formoso.

Deste xeito, advertiu da "necesidade urxente" de medidas e axudas que teñen "moitos dos sectores estratéxicos e prioritarios" en Galicia, polo que dixo non entender que o titular da Xunta estea embarcado nunha xira electoral por toda España a pesar de que a súa vitoria "está asegurada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade