Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida grave unha muller tras o choque entre un vehículo e un camión en Lugo

Ferida grave unha muller tras o choque entre un vehículo e un camión en Lugo

A condutora do turismo tivo que ser liberada e foi trasladada polos servizos sanitarios ao HULA, en estado grave

Operarios limpan o lugar do accidente na N-540 Operarios limpan o lugar do accidente na N-540
G24.gal 16/11/2022 13:26

En Lugo, produciuse unha colisión frontal entre un camión e un turismo que deixou unha muller ferida de gravidade. 

Foi á primeira hora da mañá deste mércores na nacional 540 nas proximidades do monte Segade. Un camión de pouca tonelaxe e un coche que circulaba en sentido contrario bateron frontolateralmente.

A condutora do turismo tivo que ser liberada e foi trasladada polos servizos sanitarios ao HULA, en estado grave, pero consciente. No sinistro tamén sufriu feridas de menor consideración o condutor do camión.

Debido ao accidente, a circulación por esta estrada estivo cortada ata que se retiraron da vía os vehículos implicados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade