Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo propón que Portugal e España recuperen a relevancia do Eixo Atlántico

Feijóo propón que Portugal e España recuperen a relevancia do Eixo Atlántico

O presidente do PP reúnese en Lisboa co alcalde e co presidente Marcelo Rebelo de Sousa

Núñez Feijóo xunto co alcalde de Lisboa
G24.gal 30/03/2023 08:01 Última actualización 30/03/2023 15:25

O líder do PP Alberto Núñez Feijóo acudiu a Lisboa, Portugal, onde este xoves se verá co presidente da República Marcelo Rebelo de Sousa e co líder da oposición Luís Montenegro, á fronte do Partido Social Demócrata portugués, a principal forza de centrodereita.

Feijóo terá ademais un encontro co alcalde da capital lusa, o presidente da Cámara Municipal de Lisboa Carlos Moedes. Acompañarao o eurodeputado e vicesecretario de Institucional do PP Esteban González Pons.

O PP destaca nun comunicado que con esta viaxe Feijóo pretende trasladar a relevancia que para o seu proxecto ten a política exterior cando España asumirá no último semestre deste ano a presidencia de quenda da Unión Europea.

Feijóo propón que Portugal e España creen unha "alianza de intereses", nun contexto de "reaxuste" entre os estados membros da UE por mor do Brexit, e que profunden ao "máximo nas complicidades bilaterais" e operen "en moitos asuntos de forma conxunta en defensa dos intereses comúns".

O PP avoga por que ambos os países adopten posturas comúns ante as reunións do Consello da UE e os Consellos de Ministros sectoriais e destaca que actualmente son os dous países comunitarios "con maior proxección e vocación atlántica".

Feijóo continúa coa súa axenda internacional tras acudir a semana pasada a Bruxelas, onde mantivo encontros coa presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen ou co comisario de Economía Paolo Gentiloni e participou ademais na tradicional reunión do PP europeo previa ao encontro de xefes de Estado e de Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade