Cargando resultados...
Feijóo pídelle ao Goberno que frete un avión para traer os mariñeiros directamente a Galicia
Feijóo pídelle ao Goberno que frete un avión para traer os mariñeiros directamente a Galicia
O presidente da Xunta tamén solicita que valore enviar ao Canadá medios de Salvamento Marítimo
G24.gal
18/02/2022 14:17
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pídelle ao Goberno que valore enviar un avión de Salvamento Marítimo de España ao Canadá para continuar a busca dos 12 mariñeiros desaparecidos no naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo.
Feijóo di que as familias dos desaparecidos merecen un "esforzo adicional" e solicita ao executivo central que frete un avión para traer directamente dende Terra Nova a Galicia os superviventes e falecidos no naufraxio, para que non sexan repatriados en voos comerciais con escalas. O presidente avanzou que a Xunta está disposta a pagar o frete do avión.