Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo pídelle ao Goberno máis axilidade e cogobernanza na repartición dos fondos da UE

Feijóo pídelle ao Goberno máis axilidade e cogobernanza na repartición dos fondos da UE

Feijóo di que o Goberno central só foi quen de resolver o 20 % dos fondos europeos Next Generation

O presidente da Xunta denunciou o atraso na xestión dos fondos nun coloquio do Círculo de Empresarios de Vigo
G24.gal 16/02/2022 21:20
Non era bo día para falar no coloquio do Círculo de Empresarios que comezou cun minuto de silencio polos tripulantes do arrastreiro de Marín.
 
Porén, a cadea mar, industria, automoción, o naval ou o forestal, afrontan días difíciles. O Goberno central despachou só o 20 % dos proxectos que optan a fondos Next Generation e Galicia pide máis dilixencia, cogobernanza e rigor na repartición.
 
"Levamos atraso, lentitude na xestión dos fondos e cremos que deben descentralizarse para que entre o Goberno central e os gobernos autonómicos poidamos cumprir os compromisos con Europa de execución de fondos e de reactivación real da economía", afirma o presidente da Xunta de Galicia.
Alberto Núñez Feijóo di que a Xunta fai cidade en Vigo. Citou a nova sede xudicial, a estación de autobuses, a ampliación do Ifevi ou as vivendas de Navia como exemplo de boa política fronte ao estrionismo.
 
"Desterremos a idea de que o mellor político é o que máis berra, o que máis enfronta e o que máis menospreza a súa contorna. Estes, adoitan ser, no fondo, políticos débiles que queren ocultar a súa incapacidade para construír. Distingamos política de espectáculo. Aplaudamos ao actor pero desconfiemos dos políticos que viven nunha representación permanente", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade