Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo pide a suspensión temporal do imposto dos hidrocarburos

Feijóo pide a suspensión temporal do imposto dos hidrocarburos

O presidente do PP aposta por devolver ás rendas medias e baixas o exceso de recadación polo incremento do IPC

G24.gal 29/06/2022 21:58 Última actualización 29/06/2022 22:19

Feijóo pide a suspensión do imposto dos hidrocarburos para aliviar a situación de empresas e familias. O presidente do Partido Popular fixo esta petición na intervención na Asemblea Xeral de Socios de Empresas Familiares.

O popular apostou ademais  por devolver o exceso de recadación que se produce coa inflación en dúas cifras ás rendas medias e baixas a través do IRPF. Feijóo denunciou ademais  que España é o país que máis incrementou a súa débeda sobre o PIB, e está á cola do emprego en Europa ademais de ter o maior déficit público.

"Debemos avaliar unha suspensión temporal do imposto de hidrocarburos porque, co prezo do gasóleo e da gasolina a algo máis de dous euros, non é posible traballar. Hai barcos que xa non van ao mar porque non cobren os custos", dixo o presidente do Partido Popular Alberto Núñez Feijóo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade