Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo di que non lle dará osíxeno ao Goberno na moción de Vox

Feijóo di que non lle dará osíxeno ao Goberno na moción de Vox

Nun acto de precampaña en Cartaxena, afirma que o PP recuperou a centralidade

O líder popular advirte que o partido aínda non acabou e que hai que gañar as eleccións

G24.gal 18/03/2023 14:38 Última actualización 18/03/2023 15:01

Desde Cartaxena, o presidente do Partido Popular insistiu en que a moción de censura de Vox que se vai debater esta semana no Congreso supón un balón de osíxeno para un goberno que está en tempo de desconto. Alberto Núñez Feijóo dixo que Pedro Sánchez gañará a votación pero os populares gañarán as eleccións de maio e as xerais.

Alberto Núñez Feijóo clausurou un acto en Cartaxena cos candidatos do partido popular á alcaldía da localidade e á presidencia da comunidade autónoma de Murcia. O líder da oposición criticou o goberno de coalición por discrepar -dixo- en asuntos fundamentais como a lei de "só si é si" ou a lei mordaza, pero votar o mesmo na moción de censura de Vox que se debate esta semana no Congreso. 

"Sánchez vai gañar a votación parlamentaria sen esforzos pero nós imos gañar nas urnas en maio e despois cando convoque as xerais".

Feijóo asegura que os populares recuperaron a moderación e a centralidade pero o partido -dixo- aínda non acabou.

"Quedan semanas fantásticas, con xornadas de 48 horas e semanas de 30 días porque se o conseguimos celebrarémolo pero se fracasamos lamentarémolo non só catro anos senón durante unha década".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade