Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo advirte do elevado ritmo de endebedamento da economía española

Feijóo advirte do elevado ritmo de endebedamento da economía española

O presidente o Partido Popular avisa de que "as débedas acábanse pagando"

G24.gal 18/05/2022 15:04

O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, asegura que "a débeda pública está no máximo histórico. Tras catro anos de Goberno Sánchez, España adebédase ao día por valor de 200 millóns de euros. E as débedas acaban pagándose".

O presidente do PP alertou do máximo histórico da débeda pública de España, que duplica o establecido pola Unión Europea, e advertiu de que "estamos a hipotecar o noso país, as nosas familias, os cidadáns e as empresas", e que se acabará "pagando".

Feijóo, que participou nun acto en Sevilla con empresarios xunto ao presidente da Junta e candidato á reelección, Juanma Moreno, dixo que se sabe moi ben que as débedas se acaban pagando", en referencia ao máximo histórico de 1,45 billóns de euros.

"Iso de gastar o que non se ten non existe en ningún lugar do mundo, nin sequera no Goberno do presidente Sánchez", manifestou ante os empresarios.

Expuxo que España se endebedará este ano 65.000 millóns máis e que, desde que goberna Sánchez, a débeda haberá subido en 300.000 millóns a final de ano, 200 millóns máis por día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade