Falece unha muller no incendio dunha residencia de maiores en Barcelona
Falece unha muller no incendio dunha residencia de maiores en Barcelona
Os servizos de emerxencias atenderon 14 persoas por inhalación de fume
Os Mossos d'Esquadra investigan as causas do incendio, que comezou nun cuarto do centro
Nun incendio nunha residencia de maiores en Barcelona, falecía unha muller. O lume comezaba de madrugada nun dos cuartos da segunda planta da residencia de Matadepera.
"Eu nin me decatei, sacáronme do meu cuarto e leváronme a outro"
"Chamáronme sobre as sete e media da mañá máis ou menos, dixéronme que houbera un accidente e que meu pai estaba ben pero que non me podían dicir máis datos", relataban un residente e un familiar.
Os servizos de emerxencias atendían 14 persoas, dez delas residentes, por inhalación de fume.
Ata o centro de maiores acudían catorce dotacións de bombeiros. O incendio quedaba controlado sobre as tres e media da mañá.
"Dúas persoas foron trasladados a centros hospitalarios de Terrassa e unhas catorce que foron atendidas in situ polo servizo de emerxencias médicas recibiron a alta inmediatamente e foron recolocadas noutros cuartos do mesmo centro", di Marcel·lí Bosch, primeiro tenente de alcalde do Concello de Matadepera.
Entre as persoas atendidas está tamén unha traballadora da residencia, un bombeiro que sufriu unha contusión leve e un policía local por inhalación de fume.
Os Mossos d'Esquadra investigan as causas do incendio.