Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un veciño de Abadín de 56 anos nun accidente de tractor

Falece un veciño de Abadín de 56 anos nun accidente de tractor

O vehículo agrícola foise da estrada por causas que se descoñecen e bateu contra uns piñeiros

G24.gal 26/02/2022 09:48 Última actualización 13:15

Un home falecía esta madrugada no concello lugués de Abadín tras sufrir un accidente co seu tractor. Era un veciño do lugar de 56 anos. 

Os feitos producíronse pouco despois das doce da noite en Espiñarcao, unha aldea da parroquia de Romariz. Ao parecer, o varón conducía o seu tractor pola estrada cando se lle foi fóra da vía e debido ás lesións causadas polo accidente, perdeu a vida. O vehícul agrícola bateu contra uns piñeiros.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade