Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un dos feridos no accidente laboral na refinería de Repsol da Coruña

Falece un dos feridos no accidente laboral na refinería de Repsol da Coruña

A compañía, en nome dos seus traballadores, transmite o seu pesar aos familiares do falecido e á empresa en que traballaba

En sinal de duelo suspéndense os traballos de parada e de mantemento programados durante este martes

G24.gal 29/03/2022 12:57

Un home de 34 anos, traballador da refinería de Repsol na Coruña, faleceu este martes no CHUAC onde permanecía ingresado en estado crítico tras sufrir un accidente laboral o pasado sábado debido a un "escape".

Estaba a realizar canda outro compañeiro, ambos os dous traballadores dunha empresa auxiliar, tarefas de mantemento nunha das unidades de conversión da factoría. O outro home ferido recupérase no hospital.

Desde Repsol remítense ao resultado da investigación para esclarecer as causas deste suceso. Sinalan que o accidente se produciu pola liberación de gas que estaba estancado nunha tubaxe.

Nun comunicado, lamentan o acontecido e agardan a pronta recuperación do outro operario que tamén resultou ferido.  A compañía, en nome dos seus traballadores, transmite o seu pesar aos familiares do falecido e á empresa na que traballaba. Por este motivo, en sinal de duelo suspéndense os traballos de parada e de mantemento programados durante este martes.

Os sindicatos convocaron unha concentración en apoio á familia do empregado ás 14:45 horas desta tarde ante a refinería e ás 12:00 horas deste mércores gardarase un minuto de silencio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade