Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un atleta noruegués no medio maratón de Málaga

Falece un atleta noruegués no medio maratón de Málaga

O corredor de 58 xa participou na proba en 2018

O operativo de emerxencias agarda a chegada do xuíz para o levantamento do cadáver do corredor falecido O operativo de emerxencias agarda a chegada do xuíz para o levantamento do cadáver do corredor falecido
G24.gal 13/11/2022 19:27

Un corredor noruegués de 58 anos faleceu este domingo tras chegar á meta da trixésima edición do media maratón de Málaga, sen que os sanitarios que o atenderon puidesen facer nada por salvarlle a vida.

O atleta, do que non se coñece a identidade, foi atendido por médicos das dúas UVI móbiles da Cruz Vermella que formaban parte do dispositivo desta proba deportiva, que lle practicaron sen éxito as manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP).

O corredor noruegués falecido xa participara nesta mesma proba na cidade andaluza en 2019.

A carreira contou cun plan de autoprotección superior ao requirido neste tipo de probas, precisou nun comunicado o Concello de Málaga. Incluíu un posto sanitario avanzado na liña de meta, 8 UVI, 4 soportes vitais avanzados e 4 soportes vitais básicos, ademais de 2 vehículos de apoio 4x4, coa participación de 54 sanitarios: 9 médicos, 10 enfermeiros e 14 persoas encargadas dos primeiros auxilios, 20 técnicos de emerxencias e un coordinador.

No transcurso da carreira outro participante tivo que ser trasladado en ambulancia ao hospital clínico universitario Virgen de la Victoria da capital malagueña.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade